"Kafka e a boneca viaxeira" de Jordi Sierra i Fabra , Editorial Galaxia, colección árbore.
Libro que nos relata a peculiar relación que tivo o escritor Franz Kafka con unha meniña que perdera a súa boneca. Kafka converterase para ela no Carteiro de bonecas. A obra constitúe un orixinal retrato do autor na última época da súa vida.
"Franz Kafka morreu no sanantorio de Kierling, preto de Viena, un ano despois de que sucedese esta historia, o 3 de xuño de 1924, aos corenta e un anos de idade. Nunca se soubo o nome da nena que perdeu a boneca, e as cartas que el lle escribiu durante 3 semanas nunca foron lidas por ningunha persoa nin encontradas. Dora Dymant, que daquela vivía co escritor, foi quen explicou os feitos..."
...pois aquí temos ó meu Kafka todo pensativo e observador polo parque Steglitz adiante... Que estará escoitando con esas fourellas?